miércoles, 25 de marzo de 2009

Dúatlon: Resultados das probas zonais: Duatlon Porriño

Aquí tedes os resultados do 1º Duatlon Zonal celebrado no Porriño o día 14 de marzo.
PREME AQUÍ.

Aquí tedes os resultados do 2º Duatlon Zonal celebrado en Candeán (Vigo) o 4 de abril. PREME AQUÍ

Lembrade que o Campionato Provincial foi trasladado ao día 18 de abril, ás 17:00 horas en Pontevedra.

Atletismo Pista: Resultados BENXAMÍN-ALEVÍN

Aquí tedes os resultados das dúas xornadas zonais Benxamin-Alevín de Atletismo en Pista.
Os resultados da xornada do 7 de marzo en Vilagarcía.PREME AQUÍ
Os resultados da xornada do 21 de marzo en Cangas. PREME AQUÍ.

Lembrade que o Campionato Provincial destas categorías terá lugar o día 2 de Maio en Vigo.

martes, 24 de marzo de 2009

DUATLON: Próximos eventos

O CAMPIONATO PROVINCIAL DE DUATLON PASA AO SÁBADO 18 DE ABRIL EN PONTEVEDRA.


2ª PROBA ZONAL: 4 DE ABRIL Nesta fin de semana tamén se vai celebrar en Candeán (Vigo) a 2ª proba Zonal, PREME AQUÍ

lunes, 16 de marzo de 2009

DEPORTE NA ESCOLA: Xornada de Atletismo e Natación

As Agrupacións Deportivas de Terra de Montes, Pontevedra e Alto Salnés teñen a Xornada de Atletismo-Natación o día MARTES 31 DE MARZO, a partires das 10.30 no CGTD de Pontevedra. Aqueles centros que queiran participar, deben enviarnos canto antes a folla de inscrición. FOLLA DE INSCRICIÓN e NORMAS.


A Agrupación Deportiva do Morrazo, terá a Xornada de Atletismo-Natación o día MARTES 21 DE ABRIL, a partires das 10.30 en Marín, no pavillón municipal da Raña, e na piscina cercana. Aqueles centros que queiran participar, deben enviarnos ANTES DO 16 de ABRIL ÁS 14:00 H a folla de inscrición. NORMAS E FOLLA DE INSCRICIÓN.

As Agrupacións Deportivas de Vigo, Redondela e Val Miñor teñen a Xornada de Atletismo-Natación o día VENRES 24 DE ABRIL, a partires das 10.30 no pavillón do CPI Panxón e na Piscina da Ramallosa. Aqueles centros que queiran participar, deben enviarnos ANTES DO 20 DE ABRIL ÁS 14:00 H a folla de inscrición. NORMAS E FOLLA DE INSCRICIÓN.

jueves, 5 de marzo de 2009

ATLETISMO : HORARIOS DAS COMPETICIÓNS

A competición do 07 de marzo en Vilagarcía sufriu unha modificación no seu horario, retrasando o seu inicio unha hora. Podedes consultar a modificación PREME AQUÍ.

Tamén podedes consultar o horario da competición do 14 de marzo. PREME AQUÍ

Aquí vos queda o horario da Xornada Benxamín / Alevín, do 21 Marzo en Cangas. PREME AQUÍ

martes, 3 de marzo de 2009

CALENDARIO DUATLON ESCOLAR

Xa temos na web o calendario de Duatlon para a presente temporada:

DUATLON ESCOLAR PORRIÑO- 1ª ZONAL Sábado,14 Marzo

DUATLON ESCOLAR VIGO- 2ª ZONAL Sábado, 04 Abril

DUATLON ESCOLAR PONTEVEDRA- FINAL PROVINCIAL Sábado, 18 de ABRIL ÁS 17:00 HORAS
DUATLON ESCOLAR TOMIÑO- FINAL GALEGA , Sábado 02 de Maio

II DUATLÓN ESCOLAR DO PORRIÑO

O Próximo 14 de marzo, o club ATLETISMO PORRIÑO vai organizar o II Duatlón Escolar do Porriño. Esta proba vai dirixida ás categorías ALEVÍN, INFANTIL E CADETE.
Aquí tedes o REGULAMENTO DA PROBA.

Aquí tedes a FOLLA DE INSCRICIÓN, que debedes facer chegar antes do MARTES 11 DE MARZO.

ATLETISMO PISTA: CALENDARIO DE COMPETICIÓNS.

Xa temos colgado o CALENDARIO DE PROBAS de Atletismo en Pista.