martes, 24 de febrero de 2009

FOTOS PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

FOTOS DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS EN CHANDEBRITO - NIGRÁN O 7 DE FEBREIRO DE 2009.
Preme co rato sobre a foto para acceder ao resto delas

CHANDEBRITO

lunes, 23 de febrero de 2009

Badminton

J.M. Vila Mao achéganos estas novas de Bádminton:
Bo papel dos xogadores galegos no Circuito Nacional de Fuenlabrada, onde Galicia logrou tres títulos e dous subcampionatos. Os títulos galegos foron en dobres mixtos sub-15 para a parella Andrea Gutiérrez/Javier González (Club del Mar/CB Los Sauces) que derrotaron na final a Silvia Redondo/Sergio Rodríguez (CB Fénix Mocejón) por 21-15 e 21-16. Os outros dous títulos consiguíronse na categoría Sub-17, onde as xogadoras do CB As Neves impuxeron o seu dominio. Andrea Fernández logrou o título en individual feminino ao impoñerse na final a Ana Peñas (CB Gredos) por 21-11 e 21-14 mentras que Andrea xunto con Ángela Soto se impuñan na final de dobres feminino ás súas compañeiras de club Nerea Alvés/Leticia Rodríguez por 21-16 e 21-17. O outro subcampionato acadábase en dobres feminino sub-15 pola parella do CB A Estrada Ana Reino/Nerea Gestoso.

Orientación Deportiva

A Orientación Deportiva é unha modalidade de "Competición Deportiva en Idade Escolar" dirixida especialmente á poboación de Ensino Secundario, entre 12 e 16 anos.
Poderán participar os deportistas das categorías infantil (95-96) e cadete (93-94).
O Día 18 de abril celebrarase no parque do Castro de Vigo a Fase Provincial de Orientación Deportiva, organizado polo club "A roelo montañeiros".
Desta proba sairán os representantes das entidades para o Campionato Galego. É obrigatorio participar na fase provincial para acadar a clasificación para o galego.
O 27 DE FEBREIRO REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN, NON O ESQUEZADES!! Inscribidevos na paxina web: http://www.deporteescolargalego.org para estar mutualizados e poder participar nesta modalidade deportiva.

Despois desta Fase Provincial, o 25 de abril disputarase o Campionato Galego no Campus Universitario de Santiago.

No Servizo de Deportes temos material didáctico para aqueles centros interesados en dar a coñecer esta modalidade deportiva entre o seu alumado.
Máis información en ASOCIACION GALEGA DE CLUBS DE ORIENTACIÓN

Resultados Campionato Galego Campo a Través

O Sábado 21 de febreiro celebrouse en Lugo o Campionato Provincial de Campo a Través. Parabéns aos gañadores. Podedes ver os resultados na sección Clasificacións, ou pinchando aquí: RESULTADOS

martes, 17 de febrero de 2009

BOLETIN CAMPIONATO GALEGO CAMPO A TRAVÉS LUGO 21 DE FEBREIRO


Descargade aqui a información do Campionato Galego de Campo a Través que se vai disputar en Lugo o próximo sábado día 21.
PREMA AQUÍ

DATAS LÍMITE INSCRICIÓN COMPETICIÓN DEPORTIVA EN IDADE ESCOLAR

As modalidades deportivas para as que aínda está aberto o prazo de inscrición da Competición Deportiva en Idade Escolar son as seguintes:

- Atletismo en Pista: 27 de febreiro de 2009.
- Bíatlon: 24 de febreiro de 2009.
- Dúatlon: 24 de febreiro de 2009.
- Judo: 24 de febreiro de 2009.
- Orientación: 27 de febreiro de 2009.
- Vela: 27 de febreiro de 2009.

A SELECCIÓN GALEGA DE XADREZ CONSEGUE O SEGUNDO POSTO NO I TORNEO INTERNACIONAL ESCOLAR SHIROV DE SALAMANCA.

Anxo Vilas nos achega estas novas de xadrez:
A selección de Arxentina conseguiu a victoria superando por medio punto á Selección Galega, que estaba integrada polos catro mellores xogadores que representaban ao Xadrez Escolar da Universidad de San Luis (Arxentina) e que está de viaxe por España como premio polos resultados conseguidos no seu país.
Dos catro xogadores convocados pola Federación Galega de Xadrez, dous pertencían ao Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa: Luis Segura e Lucas Abal.
Xogouse ao sistema por equipos con enfrontamentos de todos contra todos e a dobre volta.
A clasificación final foi:
1º Selec. Argentina
2º Selec. Galega
3º Selec. Extremeña
4º Selec. Zamora-Salamanca
A fin de semana que vén os nosos xogadores participarán no Campionato Galego sub-14 e sub-18 que se celebra en Mondariz.

Preguntas da proba cultural

No seguinte enlace poderedes atopar as preguntas da proba cultural.
PREMA AQUÍ

Cobertura responsabilidades

Os participantes no programa “Deporte na Escola” teñen a cobertura de responsabilidades, tanto civil (dos profesores) como de atención sanitaria (dos participantes) a través das coberturas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Por este motivo, é polo que temos a necesidade de aprobar en Consello Escolar o programa “Deporte na Escola”. Remítovos ao libriño de “Deporte na Escola” deste ano, na páxina 20-21, onde tamén están as outras premisas de colaboración establecidas entre a Consellería de Cultura e Deporte e a consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Orientacións para organizar a xornada de "Deporte na Escola"

Aquí vos deixo dous documentos para facilitar a organización dos vosos encontros entre coles:

- Organización da xornada: espacios, materiais e persoal.
- Disposición dos distintos deportes

Actas de xogo "Deporte na Escola"

No seguinte apartado, poderedes descargar as actas para a celebración dos encontros de Deporte na Escola:

- Acta de Proba Cultural
- Acta de inscricion
- Acta Atletismo-Natación
- Acta resumo final

jueves, 12 de febrero de 2009

CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

No seguinte arquivo tedes a lista de equipos e atletas individuais clasificados para o Galego de Campo a Través, que se vai celebrar o 21 de febreiro en Lugo.
PINCHA AQUÍ

Tamén podedes descargar a FOLLA DE INSCRICIÓN, o prazo remata o 17 de febreiro.

COMPETICION DEPORTIVA EN IDADE ESCOLAR



O vindeiro 21 de febreiro vaise celebrar en Lugo o Campionato Galego Escolar de Campo a Través. As categorías participantes serán Alevín, Infantil e Cadete.

DEPORTE NA ESCOLA


O programa “Deporte na Escola”, está dirixido exclusivamente a centros de ensino, a través do profesorado ou da ANPA, consiste nunha actividade polideportiva-cultural, sen ánimo competitivo e con carácter participativo.

Este ano queremos dar un paso máis presentando a ampliación da franxa de idade dos participantes, que a partir deste ano abranguerá tamén aos e ás estudantes de 1º e 2º de Primaria, coa creación dunha categoría E (Xogos Predeportivos).