martes, 26 de mayo de 2009

ATLETISMO PISTA: CAMPIONATO GALEGO INFANTIL

O Campionato Galego Infantil vaise celebrar en Lugo o domingo 31 de maio en Lugo. Aquí tedes a folla de inscrición, horario e lista de clasificados por ranking. Atoparedes mais informacion na páxina da FGA. Lembrade que clasifican para o Campionato Galego os 3 primeiros clasificados do Provincial, mais os 4 mellores do ranking, sempre que participasen nalgunha das fases anteriores (zonais, provincial.)
Enviade antes do Mércores 27 ás 14:00 horas as inscricións ao e-mail: deportes.pontevedra@xunta.es e ao fax 986201911

HORARIO CAMPIONATO GALEGO INFANTIL

LISTA MULLERES CLASIFICADAS POR RANKING

LISTA HOMES CLASIFICADOS POR RANKING

FOLLA DE INSCRICIÓN

miércoles, 20 de mayo de 2009

ATLETISMO PISTA: RESULTADOS PROVINCIAL INFANTIL

Aqui tedes os resultados do Campionato Provincial Infantil de Atletismo celebrado en Vilagarcía o día 16 maio.

RESULTADOS FEMININOS


RESULTADOS MASCULINOS

viernes, 15 de mayo de 2009

ATLETISMO PISTA: LISTA DE PARTICIPANTES PROVINCIAL INFANTIL

Unha vez rematada a inscrición, a relación definitiva de inscritos no Campionato Provincial Infantil de Atletismo Pista aparece na seguinte ligazón, marcados en cor amarela aqueles atletas que confirmaron a súa participación.
LISTA DEFINITIVA

miércoles, 13 de mayo de 2009

Atletismo Pista: Resultados Provincial 02 de maio

Aquí tedesos resultados do 02 de maio en Pontevedra, correspondentes ao Campionato PRovincial Benxamin e Alevin. RESULTADOS

martes, 12 de mayo de 2009

ATLETISMO PISTA: MODIFICACIÓN HORARIO PROVINCIAL INFANTIL

Campionato Infantil de Pista en Vilagarcia 16 de maio.
No novo horario inclúense as probas de Martelo e Pértega, que finalmente se van a realizar, a pesar de non aparecer no libro de "Competición Deportiva en Idade Escolar". Aquelas entidades que teñan atletas clasificados nestas probas, que envíen canto antes a súa inscrición se queren participar no Campionato Provincial.

HORARIO INFANTIL FEMININO


HORARIO INFANTIL MASCULINO

ORIENTACIÓN: RESULTADOS DO CAMPIONATO GALEGO

Aquí vos colgamos os resultados do Campionato Galego de Orientación realizado o 09 de maio en Compostela. RESULTADOS

jueves, 7 de mayo de 2009

ATLETISMO PISTA: CAMBIO DE SÉ

Debido a que o día 16 de maio hai Xornada de División de Honor en Balaídos, trasládase o Campionato Provincial Infantil para VILAGARCÍA, mánténdose o horario tal e como estaba.

miércoles, 6 de mayo de 2009

ATLETISMO PISTA: LISTA DE CLASIFICADOS

Xa temos a lista de Clasificados para o Cto. Provincial Infantil que se celebrará o 16 de maio en Vigo. LISTA DE CLASIFICADOS.

Aqueles atletas clasificados teñen como prazo limite de inscrición o día 12 de MAIO ÁS 14:00 horas. Deberán enviar a seguinte folla de inscrición cuberta ao FAX 986201911 ou por e-mail a deportes.pontevedra@xunta.es
FOLLA DE INSCRICIÓN

Na lista publicada aparecen ademáis dos clasificados, atletas RESERVAS. Estes atletas non están clasificados, polo tanto non teñen que inscribirse antes do día 12. Unha vez pechado o prazo de inscrición, aquelas probas nas que non se cubra o número de participantes, serán completadas cos atletas reservas. Neste caso, o Servizo de Deportes contactará coas entidades que teñan atletas reservas para invitalos a participar.

martes, 5 de mayo de 2009

BÁDMINTON: BOLETIN DO CAMPIONATO GALEGO

Aquí tedes o boletin do Campionato Galego Escolar de Badminton, que se celebra o día 09 de maio de 2009 en Lugo. PREME AQUÍ

lunes, 4 de mayo de 2009

BIATLÓN: CALENDARIO DOS PRÓXIMOS EVENTOS

CALENDARIO BIATLÓN ESCOLAR 2009

Carballo (A Coruña).................... 17 de Maio
Pontevedra............................... 23 de Maio (no CGTD)
Monforte de Lemos (Lugo)............ 31 de Maio (A Pinguela)
O Carballiño (Ourense)................. 31 de Maio (Ximnasio Olímpia)

FINAL GALEGA:7 DE XUÑO EN FERROL (A coruña)

*posteriormente indicaranse os horarios.
INSCRICIÓNS: todos os participantes inscribiranse na Federación, o prazo rematará o mércores anterior á celebración da proba.

DISTANCIAS:
Alevín - 100 m (natación) 500m (carreira)
Infantil - 200m (natación) 1000m (carreira)
Cadete - 400m (natación) 2000m (carreira)


CLASIFICACIÓNS:
INDIVIDUAL: por categoría e sexo
MIXTA POR EQUIPOS: para cada categoría (sumando os tempos dos/as seus mellores deportistas masculinos e femininas).


Federación Galega de Triatlon e P.M.

DUATLON: RESULTADOS FINAL GALEGA

Aquí tedes os resultados da FINAL GALEGA DE DUATLON, celebrada en Tomiño o 02 de maio.
RESULTADOS

ATLETISMO PISTA: HORARIO CTO. PROVINCIAL INFANTIL

O próximo 16 de maio vaise celebrar nas pistas de Balaídos de Vigo o Campionato Provincial Infantil de Atletismo en Pista. Desenvolveráse en xornada de maña (Feminino) e xornada de tarde (Masculino)

Aquí tedes o horario das probas.
PROVINCIAL INFANTIL FEMININO

PROVINCIAL INFANTIL MASCULINO