Xa temos a lista de Clasificados para o Cto. Provincial Infantil que se celebrará o 16 de maio en Vigo. LISTA DE CLASIFICADOS.
Aqueles atletas clasificados teñen como prazo limite de inscrición o día 12 de MAIO ÁS 14:00 horas. Deberán enviar a seguinte folla de inscrición cuberta ao FAX 986201911 ou por e-mail a deportes.pontevedra@xunta.es
FOLLA DE INSCRICIÓN
Na lista publicada aparecen ademáis dos clasificados, atletas RESERVAS. Estes atletas non están clasificados, polo tanto non teñen que inscribirse antes do día 12. Unha vez pechado o prazo de inscrición, aquelas probas nas que non se cubra o número de participantes, serán completadas cos atletas reservas. Neste caso, o Servizo de Deportes contactará coas entidades que teñan atletas reservas para invitalos a participar.